“O que sei do silencio” de Andrea Maceiras

¡Ola bibliópatas!

Hoxe falamos dunha autora galega, apostando pola literatura da miña terra e a voz das mulleres. Nesta ocasión, por un libro xuvenil que foi finalista do Premio Raíña Lupa 2017 e que se publicou en xuño deste ano.

De momento, ao ser unha publicación tan recente só está dispoñible no seu idioma orixinal, en galego. Aínda que eu espero que se publique axiña a súa tradución para que poida chegar a todas partes, polo menos a nivel nacional.

FICHA TÉCNICA

Título: O que sei do silencio

Autora: Andrea Maceiras

Editorial: Xerais

Idioma: Galego

Páginas: 224

SINOPSIS

«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans de meu irmán Iago. De iso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»

O que sei do silencio é o relato estremecedor de como Delia se converteu na acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO.

OPINIÓN PERSOAL

Para comezar, quero dicir que para ler este libro e sobre todo para sentilo, é preciso que nos poñamos nos zapatos de cando tiñamos 14 anos. Non é tan complicado lembrar como pensabamos e actuabamos daquela, aínda que algúns semellan esquecer con facilidade.

O que mais chamou a miña atención deste libro foi a súa orixinalidade, pois está escrito coma se fose un blog. Son entradas diarias a modo de confesión dunha das acosadoras. E iso foi xustamente o que fixo que me decidise a compralo, a súa narradora.

Até agora, todos os libros que lera sobre este tema estaban narrados polas víctimas. Quería atopar algún que estivese narrado polo acosador, saber qué pasa polas súas cabezas, o que senten, qué os leva a ser tan crueis… pero non o atopei. Entón apareceu este que sen ser o que eu buscaba (porque nin sequera pensara nesta perspectiva) pareceume do mais interesante.

Aquí a historia cóntanola unha das moitas persoas que presenciaron o acoso e non fixeron absolutamente nada. Xamáis pensei nas consecuencias que pode sufrir un acosador pasivo ou nas posibles secuelas que poidan arrastrar despois, pero este libro déixanos ver o problema dende ese outro lado, o do silencio. Un silencio que condena.

Falamos de estudantes de 3° da ESO, ousexa, rapaces de 14 anos. Cos seus dramas do momento e todas aquelas cousas que con esa idade poden semellar un mundo, pero coa complexidade añadida da xeración á que pertencen. Unha xeración onde priman as redes sociais, onde pais e fillos case non teñen comunicación, onde os adultos suplen as súas ausencias con caprichos… e cando acontecen estas cousas tiran balóns fóra, culpan aos mestres, aos fillos dos demais etc etc etc…

Ao final, acosadores e acosados, aínda que de distintas formas, rematan sendo víctimas e pagando altos prezos na gran maioría dos casos. E mentres, os adultos continuamos buscando culpables fóra das nosas casas. Sempre despois de dicirlles que eles non saben o que é ter problemas, que se deixen de tonterías, que pasen de todo… en fin… cando falan restámoslle importancia ao que nos contan, e por iso mesmo moitos xa nin falan.

Polo que creo que este tipo de libros son tan necesarios e que terían que ser lidos especialmente por todos aqueles adultos que teñan fillos ou se adiquen á docencia. É un gran erro vendelos como literatura xuvenil, non só eles precisan desta clase de testimonios e de información.

E xa para rematar, dicir que está inspirado libremente nun caso real de non hai moito tempo. Razón pola que resulta alucinante, no caso das tres xoias que comezan co tema do acoso e derribo, coñecer os seus motivos e ver a clase de educación que recibiron para pensar da maneira na que o fan con tan corta idade. Para botarse a chorar e unha vez mais, darse conta da faltiña tan grande que fai loitar sen descanso contra o maldito patriarcado.

Podería dicir moito máis pero non quero desvelar nada, quero que o descubrades vós mesmos. A min encantoume, pareceume boísimo e tremendamente necesario, como dixen antes, para públicos de tódalas idades.

Se vos animades a lelo, xa sabedes, pasade por aquí despois e contádemo 😉

Categorías Literatura galega, ReseñasEtiquetas , , , , , ,

3 comentarios en ““O que sei do silencio” de Andrea Maceiras

  1. Hola! Parece muy interesante y es una pena que haya casos reales como estos en los que inspirarse. Habrá que esperar la traducción al castellano. Un saludo!

    Le gusta a 1 persona

    1. Justo hoy lo recomendé en mi sección radiofónica, y hablábamos de eso mismo, de que lamentablemente son libros necesarios y que siempre están de actualidad. El último suicidio salía ayer en la prensa, un niño de tan solo 9 años, al que hacían la vida imposible por gay. Es que es para echarse a llorar ante la clase de educación que reciben muchos niños en pleno siglo XXI.
      Estoy segura de que habrá traducción porque esta editorial suele trabajar con institutos. Hace unos años habían sacado uno que hablaba del acoso en las redes y la traducción no se hizo esperar 😊

      Le gusta a 1 persona

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close